MAN, a escultura de Nando Lestón para Stoupa
13JUL

MAN, a escultura de Nando Lestón para Stoupa

Hace unos meses, para conmemorar nuestro primer aniversario, le confiamos a Nando Lestón la ardua tarea de crear una obra que visibilizase el exterior de nuestra galería, al tiempo que representara nuestra esencia, la esencia de la Costa da Morte. La mente y las manos del polifacético artista carnotán han sabido plasmar nuestros objetivos en esta bella escultura, titulada MAN. Pocas obras de arte como esta pueden representar tan bien la belleza de esta Costa. Está formada por 83 piezas apiladas (tantas como colaboradores tenemos en Stoupa) con formas, colores y estética que recuerdan la obra  del artista alemán de Camelle, Manfred Gnädinger.

A continuación, os adentraréis en el mundo interior de la creación de Man, desde la perspectiva de su autor :

MAN CON MAN ou dito doutra maneira...home-rapás

"Cando era rapaz,os montes e bosques e praias constituían un territorio físico, mental e onírico que estimulaban o meu pensamento e a miña creatividade, era polo tanto o xogar unha experiencia a ves mental e física; cando era rapaz non había límites.

Meus pais como o resto de pais, iban practicamente a diario a recoller manto dos prados, para que os animais estiveran limpos e quentes alí onde durmían, e a maior parte das veces eran tratados con respeto, por que si ben eles nos precisaban, eles para nós eran imprescindibles. Este ir e vir a os prados fixo que eu me fixara na particular arquitectura que perimetraba cada unha das propiedades. Esta arquitectura estaba formada por inxentes cantidades de pedra traidas daquí e dacolá para formar paredes que marcaban as lindes de cada propiedade.

O monte estaba todo paredado ata onde  a miña vista chegaba e eu quedaba atrapado mirando aquelas centenarias construccións que se mantiñan en pé como o primeiro día, a pesar de que algunhas estaban tan cubertas de musgo e fieitas que xa a pedra non era máis que o soporte da vida que proliferaba na sua superficie. Deime conta de que unha pedra pode convertirse en pranta pois o seu ser trocara nun brando e aterciopelado manto verde.

Chamaba a miña atención as veces a altura e as veces a lonxitude, pero o que máis captaba o meu interés era ver como pedras grandes e pequenas convivían e colaboraban na liña de sustentarse unhas as outras, semellando desequilibrio aparente.

Non había na miña contorna construcción, ben fora muiño, casa ou cabaceira, ponte, canle, patín, parede de horta, eira, cuberto, pozo ou alpendre que non estivera construído en pedra, todo era pedra; camiños de laxa surcados e gastados pola roda do carro que fixo mella ata encaixar como rail de vía de tren; a pedra en apariencia dura era moldeada e branda coma os outeiros do Monte Pindo, abrandados polo tempo ata acadar formas imposibles completadas polo maxín.

A pedra vive na nosa memoria colectiva, a pedra é o noso elemento natural, a pedra a madeira e o lume fixeron que chegaramos ata aquí, pero o corazón dalgúns homes é de falsa pedra... É DE CARTÓN PEDRA.

Pero houbo un corazón de home ao que tardei anos en coñecer, aquel corazón era de pedra de mar, da pedra que as cordilleiras mariñas deixan chegar as costas para que nós e aquel home en particular fixera o que tiña que facer... Ser él... Falando con cada pedra que acarrexou mentras a iñorancia ría  en voz alta... " A que anda ese tolo". 

Era de pedra e de argazo, de salitre era a sua pel. Esta Costa nunca o mereciu, por que esta Costa sabe ser cruel e desmemoriada con aqueles que se atreven a mirala dende o corazón. Por elo esta Costa convén evitala se queres ser libre, para que non che trague nin o mar nin as duras cabezas, máis duras, se cabe, que a pedra mesma. Pero é tan fermosa...

Sei quen é Man, non me fai falta coñecelo. Con un simple vistazo, de todo menos intelectual, sei que él só quixo cambiar o mundo e o mundo pasoulle por riba, unha e outra vez, mentras os "homes" se rían na taberna.

Vinde e contemplade; pasade e mirade a estrana criatura que chegou as nosas costas, o home argazo, un alemán con ansias de liberdade mentras nós, homes do mundo, pelexamos co sacho, tecnoloxía avanzada, para unha sociedade anclada no seu propio átomo, atomizada. Había máis camiños que estradas. Homes pequenos que non viron máis alá do mango da sua escravitude. Sen embargo merecían sair adiante.

Stoupa, a tenda que rinde culto a libertade creativa de homes e mulleres da nosa Costa, que pon enrriba da mesa, con esforzo, cada creación, falou conmigo para levar adiante unha escultura. Tardei un minuto en saber o que quería facer. MAN.

Mirei case todo o que hai nesta rede virtual e pesquei os pensamentos, debuxos, documentais e vídeos daquel home que choraba coma un neno, desanxelado, desprotexido e practicamente só, rodeado da maquinaria do progreso, prantándose diante dela con dos cojones. Eso só o fai un home libre, non un home tolo... E sentinme pequeno eu tamén.

Pero eu era un recén neno do 66, que tamén miraba para as pedras, que quedaba atrapado polas suas formas e pola sua lingoaxe, así que sei de que vai este asunto.

E este asunto non vai de pedras amontoadas. Vai de que polo mundo hai homes e mulleres que fixan a mirada onde outros non o fan e viven así, en solitario creando beleza, chámalle arte ou non se non ques. Pero onde non había nada agora hai homes, mulleres e nenos que contemplan con admiración e curiosidade as ruinas pedregosas dunha alma fermosa e atormentada pola incomprensión. Vai no ADN do artista ou do místico que non entenden de clasificación, e así son quen de romper os parámetros dun sistema arcaico.

A peza que eu fixen ríndelle homenaxe e recoñecemento por que compartimos pensamento artístico máis alá das fronteiras. Pero a súa obra fui ennegrecida pola balea negra que perdiu o rumbo, así que eu dende a humildade doulle cor, coma cando "segunda pel" e os montes queimados de Carnota, aqueles pinos queimados colleron cor, renacendo así un bosque menos atormentado.

A eso nos adicamos, a plantar na vida, para todos, o que so vive no noso maxín, para que o gozo da creación sexa un círculo completo.

Arrimeille a miña escultura cor e area da ribeira, para que quede preñada de salitre e cada cor é un día máis desta lus que nos baña a todos por igual, sexamos de Camelle, de Malpica, de Fisterra ou de Carnota... Que máis ten... A Costa da Morte é dura e implacable, pero coido que ao tal creador sobroulle un día e pasouno por estes lares, brincando a faser praias e montes, herbales e rius para que en ves de arruinalo o disfrutaramos. E como non pudo esperar a que Man chegara, gardoulle o sitio.

Permitídeme agora un poema que fala da man, xogando co seu nome para dar significadoa esta ferramenta tan útil e tan precisa,que non sabe se apretar ou acariñar."

                                 Mansiñas pequenas, miudas,

                           dunha muller que ensina a querer.

                           Mans de muller que dende pequena

                          aprende o ofisio de ser muller-nena.

                          Mans de muller,ensinadas de antemán.

                       Man con man,a muller da terra colle o pan.

                                     Man que apreta e afloxa,

                                man que quer e que amenasa,

                                 man con asa coma unha tasa,

                              man dorida pero nunca queixosa.

                                         Man de miña nai

                                 que lle da calor a meu pai,

                                        man que sin rasón

                                       sempre pide perdón.

                                        Man de costureira,

                                  man que mistura os palillos

                                  pra faser encaixe de bolillos,

                                        man de palilleira.

                                    Man que déste-la vida,

                                   non ten volta,se non ida.

                                    Man por man dí o refrán.

                                   Man branca,man de neve,

                               ¡ Esa será a man que me leve !

Compartir esta entrada en: 0 0 0

Volver
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información. OK Más información